Skip to main content

O mapa xeral de cantigas localizadas non funciona ben:

  • Certo non vai ben a hora de consultar o mapa coas cantigas xa arquivadas xa que este mestura o arquivado de coplas con visitas dos usuarios a plataforma. Non conseguimos crivar millor. Por agora temonos que apañar.
    Non vos preocupar polas cantigas estas seguiran ben localizadas.

E posible meter novas tématicas como a de #Feminismo.

  • Por suposto non o fixemos antes porque pensabamos que seria ben que a propia comunidade a suxerise e sendo asi estreamos novo tema nas coplas.


Vades facer mais directos en twich.

  • Por agora estamos mergullados na superación persoal e vital desta pandemia e a nosa porpia supervivencia. Pero coidamos que pronto comezaremos cos directos e centrandonos no contido do volai-vai.

 

Cantos sodes a día de hoxe?
- Pois se somos duas persoas e despois contamos con 5 Patreons super riquiños que nos apoian un monton con seu granciño economico.

E posible engadir o nome da informarte nas propias coplas.
 - O podedes facer nos comentarios xa consideramos que esa información ten que ser corroborada dalgun seito e que millor que a propia parroquia o faga. Pero se moitas o solicitades adiante. Porque non?
Enviade un email a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

asunto:Suxerencia  mensaxe: #engadir_campo_informate. eo que queirades con motisima educación.

Cales son as seguintes liñas do volai-vai.
- Pois a nosa intención e incrementar o contido relaciónado coa cultura e sobre todo a de raiz e fomentar a participación, faremos todo o que poidamos para conseguilo sempre dentro das nosas posibilidades. A día de hoxe o volai-vai conta cunhas 400/600 visitas semanais e sobre todo sen incidir pasivamente nas redes sociais pois tratamos de crear un espazo propio e non temos mais recursos dos que dispoñemos.
Seguimos na busqueda de financiación pois o proxecto segue crecendo e con iso os custes mantenza. Para isto contamos con varias liñas. Patreon, Paypal, espazo Publicitario e productos de afiliación.
Se ainda non eres Patreon pensa que facendo incides de xeito real na realidade dun proxecto destas caracteristicas. como di unha compañeira os #gustames non pagan o alquiler.

  • Visto: 137