Volai-vai Cantigas Galegas

Pois querémosvos anunciar que apartir de agora poñemos ao voso dispor espazos publicitarios na web e aplicación do Volai-Vai para que poidades dar visibilidade aos vosos proxectos e atraer novos clientes!
Podedes aproveitar estas ferramentas para informardes de servizos e produtos novidosos en galego.
Priorizamos a nosa lingua porque logo de analizar o mercado na rede démonos conta de que aínda non hai espazos abondo neste eido, polo que nos marcamos o obxectivo de rachar o molde, visibilizar a publicidade no noso idioma e dignificalo como hoxe en día o fan o catalán eo euskera, por exemplo.

Tamen queremos destacar que o recadado será destinado ao mantemento e mellora do proxecto Volai-Vai, co cal estaredes contribuíndo tamén á súa continuidade.

Lembrade tamén que dispoñemos dunha liña de doazóns onde, se vos presta, podedes facer os vosos aportes. Dende Volai-Vai agradeceremos o xesto compartindo a vosa publicidade nas redes sociais do @volaivai.

Escolle!

Xanela emerxente

500 x 500px

Imaxe fixa

375 x 140px

Se queres saber máis ou mesmo solicitar espazo pódeste poñer en contacto connosco:
Espazo publiciario
  • Engadido o
  • Visto: 601