A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN
«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos.
Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada.
As cousas non sempre son como parecen...»
A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa.
As ligazóns afiliadas son aqueles "links" que podes atopar en numerosas páxinas webs que apuntan a produtos ou servizos de terceiros (por exemplo, casadellibro.com) nos que subxace un acordo entre a web que contén a ligazón e a web que vende o produto ou servizo.
No caso de ter beneficios estes serán destinados á supervivencia da propia plataforma de volaivai.com eo café dos seus creadores.
Grazas por colaborar e mercar productos galegos.
A memoria das mulleres da Illa Web oficial
A illa da Memoria Proxecto “Aillados” - Contacto
Esta páxina ten como finalidade complementar a lectura do álbum ilustrado A lavandeira de San Simón, escrito por Eva Mejuto, ilustrado por Bea Gregores e editado por Xerais. Búscase afondar no contexto real da obra, a época en que as illas de San Simón e Santo Antón foron presidio e campo de concentración franquista, entre 1936 e 1943, para achegar á rapazada e á mocidade este período da nosa historia, narrado desde a perspectiva das crianzas e as mulleres que lles tocou vivir eses tempos.
saber mais do proxecto- Visto: 366