- Páxinas: 144
- Encuadernación: Rústica con lapelas
- Lingua: Galego
- ISBN: 978- 84-122491-7-0
DEMO EDITORIAL
ALDARA
Inés Vázquez
Un misterio que ameaza a vida tranquila dunha aldea afastada no medio do bosque, uns personaxes envelenados polo seu pasado e unha maldición xurdida na natureza.
A primeira novela gráfica de Inés Vázquez. Aldara.
A lenda da cerva branca é unha historia ben linda, para público xuvenil, que bebe do realismo máxico e as nosas lendas.
Aventuras ben contadas e ben debuxadas cunha protagonista que nos representa, valente, decidida e apoderada, que escolle o seu camiño.
Todo marabillosamente ambientado nunha aldea das nosas, e nun tempo, xa lonxe do noso, que tanta influencia tivo no país que somos.
Hai algo nesta obra, salvando as distancias, que me conecta con Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro, o rural, a paisaxe, as cores, as mulleres.
A terra. Nós. (Fragmento do prólogo de Neves Rodríguez)