Skip to main content
  • Público: +13
  • Páxinas: 68, branco e negro
  • Encuadernación: Rústica con lapelas
  • Lingua: Galego
  • Limiar: CRISTIAN F. CARUNCHO
  • ISBN: 978-84-948931-8-6

DEMO EDITORIAL

GRANDARROIBA

Unha aldea inventada por el, chamada Rego Torto, e habitada por personaxes e situacións surrealistas.

Cristian F. Caruncho, debuxante ortegán, bebe da súa propia contorna para contar, a través das súas ilustracións, a historia de Moncho de Grandarroiba, un veciño seu, da parroquia de Couzadoiro, no Ortegal, que sempre lle espertou unha grande curiosidade.

“É un home solitario, que vive nos montes de Couzadoiro, que agora ten uns cincuenta anos. É un home de poucas palabras, duro”, comenta o autor. A súa vida, desde que era pequeno ata a actualidade, fía o cómic “Grandarroiba” que vén de saír do prelo da man de Demo Editorial.

“No cómic vese como vai cambiando a relación do protagonista cos veciños, tamén co seu cabalo, co que pasa máis tempo, co seu can, e como é a súa vida polos montes do Ortegal”, conta o ilustrador.