INTRATERRA
A décima publicación que se realiza por parte do alumnado da escola profesional de cómic e ilustración O Garaxe Hermético leva por título 'Intraterra' e vai ser presentada publicamente este venres 8 de febreiro ás 20.00 horas no Arquivo Provincial da Deputación.
Neste traballo, o alumnado formado por 25 estudantes utilizan o sistema americano e xaponés para crear a mesma historia e coa mesma estética, nas anteriores edicións. Trátase dunha fórmula de traballo diferente á utilizada ata agora na que a publicación recollía historias individuais.
Esta publicación é a quinta que se realiza a través da Editorial da Deputación de Pontevedra, un aspecto que agradece o director de O Garaxe Hermético, Kiko da Silva, que entende a importancia que ten para fomentar producións en lingua galega con apoio a creadores noveis.
Desde esta escola de ilustradores quéixanse da falta de apoio por parte da Xunta de Galicia e, en concreto, do Agadic.
- Nº de páxinas: 66
- Editorial: DIP. PROV. DE PONTEVEDRA
- Idioma:GALLEGO
- Encuadernación: Tapa dura
- ISBN: 9788484574859
- Ano de edición: 2018
- Data de lanzamiento: 01/12/2018
As ligazóns afiliadas son aqueles "links" que podes atopar en numerosas páxinas webs que apuntan a produtos ou servizos de terceiros (por exemplo, casadellibro.com) nos que subxace un acordo entre a web que contén a ligazón e a web que vende o produto ou servizo.
No caso de ter beneficios estes serán destinados á supervivencia da propia plataforma de volaivai.com eo café dos seus creadores.
Grazas por colaborar e mercar productos galegos.
- Visto: 332