Skip to main content
  • Páxinas: 32
  • Encuadernación: Tapa Branda
  • Lingua: Galego
  • ISBN: 9788494475856

Editorial Miudiño S.Coop.Galega

O Desencantamento

TEXTOS Rafael Quintía

ILUSTRACIÓN Miguel Peralta, Cestola na Cachola S.Coop.Galega

O Desencanto é un libro ilustrado que pertence á colección “Os contos da Moura” que nos conta unha historia de valentía e determinación. Búscase xerar un novo espazo para a promoción da nosa mitoloxía, das historias e lendas espalladas polo territorio galego.

Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha vila galega. As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras” . Era un lugar estraño, con acantilados cheos de debuxos gravados... Quen eran aquelas mouras que deron nome ao lugar?

A narrativa poética de Rafael Quintía xunto ás fermosas ilustracións de Miguel Peralta, fan deste un libro único, unha marabilla para os sentidos de nenos, nenas, vellos e anciáns que queren gozar do reencontro coa tradición oral e a mitoloxía galega.

“O desencantamento” é tamén unha coedición entre Miudiño S.Coop Galega e Ab Origine SLL, colaborando exclusivamente con empresas galegas de economía social, demostrando que coa cooperación podemos acadar resultados orixinais e de alto valor engadido. Nesta ocasión, acompañados por Cestola na Cachola, Catro Ventos e Gráficas Anduriña