- Páxinas: 256, cor
- Encuadernación: Tapa Rustica
- Lingua: Galego
- Autor: David Rubín
- ISBN: 978-84-936993-2-1
Demo editorial
O LUME
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a supervivencia da humanidade ante o inevitable desastre.
Inmerso nesa construción, élle diagnosticado un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle quedan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide colida co noso planeta. Este dramático feito fai que reconsidere a súa propia natureza profesional e persoal, o que o leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que case non ten contacto.
Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, e que o condenarán a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo: unha desesperada carreira cara á fin dos tempos, contra a morte, a loucura e a súa propia e atormentada conciencia.