Skip to main content
  • Páxinas: 120
  • Encuadernación: Tapa Blanda
  • Lingua: Galego
  • Limiar: DOMÍNGUEZ PÉREZ, XABIER
    DE EVAN FREIJEDO, ALBA
  • ISBN: 978-84-1110-334-3
  • Xuño, 2023
Biografía en wikipedia de Xabier
Biografía en wikipedia de Alba

Edicións Xerais

SEGREDOS SOTERRADOS

O verán comeza prometedor no campamento que Anxela está a gozar en Muíños xunto con Sabela, Jorge e, por suposto, a gata Morriña. Mais, pronto, un misterio do pasado crúzase no camiño e dá paso a unha carreira contrarreloxo por descubrir a verdade e manterse a salvo. Que relación teñen unha mina abandonada, un avión dos Aliados e unha poderosa multinacional?

Unha trepidante aventura que viaxa á II Guerra Mundial e descobre a presenza nazi en Galicia, os tesouros agochados no subsolo e as tramas de corrupción que manexan o mundo.

Biografía do autor

Xabier Domínguez Pérez (Vilar de Barrio, 1984). Estudou Maxisterio Musical en Santiago de Compostela e é mestre de primaria. Xunto con Alba De Evan funda en 2020 a Editorial Antela. Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato «A Superavoa de Antón». É coautor, con Alba De Evan, da serie de contos Naturizo, con temática medioambiental, e das novelas infantís «Maxia de pedra» (Xerais 2021) e «Segredos soterrados» (2023). Foto de Andrea Freire
Alba De Evan (Vigo, 1987). Estudou Historia na Universidade de Vigo e é profesora de ensino secundario. Xunto con Xabier Domínguez funda en 2020 a Editorial Antela. Estreouse no mundo do conto infantil ilustrado co relato «A Superavoa de Antón». É coautora, con Xabier Domínguez, da serie de contos Naturizo, con temática medioambiental, e das novelas infantís «Maxia de pedra» (Xerais 2021) e «Segredos soterrados» (2023). Foto de Andrea Freire
Eli García formouse na Escola de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense e na Escola Profesional de Cómic e Ilustración O Garaxe Hermético de Pontevedra. Desde o ano 2018 dedícase profesionalmente á ilustración, compaxinando os seus traballos de ilustradora científica con proxectos de cómic e editoriais. A súa obra foi recoñecida en diversos certames de ilustración e BD. Participou nas obras colectivas «A vila dos debuxantes do norte» (2014) e «221BD» (2015), e mais no especial «Charlie Hebdo» do Diario de Pontevedra tras os atentados no semanario satírico francés en 2015. En Xerais é autora das ilustracións da novela infantil «Maxia de pedra» (2021) e «Segredos soterrados» (2023).