achave.gal

A Chave fornece léxicos sobre fauna e flora e ligazóns da Internet sobre a lingua e a sociedade. O proxecto da Chave súmase ao esforzo colectivo de lle dar valor e prestixio á lingua galega.
A Chave quere contribuír a que abandonemos os vellos prexuízos lingüísticos e que, antes polo contrario, sexamos unha sociedade con maior consciencia lingüística, máis animada a coñecer e a usar o galego.

A Chave quere dar un trato de excelencia á lingua galega, porque pensamos que existe unha necesidade social de que así sexa. Como un principio fundamental, A Chave emprega o galego para vehicular a comunicación en calquera nivel, en todas as áreas do coñecemento e da cultura, e coa máxima calidade lingüística.

rede, arquivo, descargas