MÉTODO DE TAMBOR GALEGO

ANDRÉS VILAN
O método pretende asentar as bases deste instrumento, comezando polos conceptos máis básicos (postura corporal, agarre, golpeo…) ata outros máis avanzados (acentos, redobre, mordentes…), e, deste xeito, sistematizar unha técnica propia e axeitada desde calquera punto de vista: técnico, musical e histórico.
Web Oficial
Nun primeiro bloque amósanos a orixe e evolución dos diferentes tambores presentes na nosa tradición, así como as súas principais características e o seu funcionamento mecánico. No seguinte bloque preséntanos un sistema de notación propio para o tambor galego, desenvolvido a partir do sistema monolineal creado polo Dr. Fritz Berger.
Este método vén apoiado por numerosas fotografías e un CD con máis de cen cortes de audio con gran parte dos exercicios e padróns rítmicos vistos anteriormente, así como coas catro obras para gaita, con e sen percusión.
Nestas catro obras colaboran os músicos Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Oscar Ibáñez, Álvaro Novegil, Iván Costa, José Manuel López e Cristian Silva.” Con Tania Ruibal, Álvaro Novegil (Pintor Alvarellos), Xandre Outeiro (Pekeno Rapante), Salvador Niebla, Edelmiro Fernández, Pablo Dalama, Oscar Ibáñez, Ivan Costa, Jose Manuel Lopez, Cristian Silva, Miguel Fraguas (Miguel Tenorio), Caco Refojo, Rafa Darrosa, Paco Dicenta, Liliana Carro, Xabier Seixo, Carlos do Viso e Missom Instrumentos Musicais.
Mercar
*ligazón non afiliado

libros

  • Visto: 133