Timparrantela - As Cores da Galiza

Timparrantela é unha formación feminina con sede en Ourense.
Letra: Séchu Sende _ Música: Olga Brañas _ Arranxos: Pedro Pascual.

Donas afoutas que agarran de clarinete ou de piano e cantan ao mundo como elas o entenden.
Velaquí unha desas propostas.

Do libro-CD'Se te quixen foi polos grelos' (Ed. Galaxia, 2021).
Grazas: Jose Luis, Modesta e Lucía pola súa hospitalidade en Rabal de Riba!

Un disco que percorre moitos vieiros, bebendo do tradicional e do folk pero tamén das charangas e desa música espontánea que nace cando hai gorxas dispostas a se unir nunha canción.

Textos cheos de retranca e de empoderamento, de crítica e de amor, de luz e de sombras.
Como é todo na vida.
É unha declaración: se te quixen, foi polos grelos.
Quen as escoite, vai querelas.

Con ou sen grelos polo medio.

Mercar
*ligazón non afiliado

rede, música, video, galiza, libros

  • Visto: 177