Skip to main content

Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…

Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas de diferentes arquivos sonoros e gravacións de Maruxa das Cortellas.

“Maruxa das Cortellas foi unha tocadora esencial, das últimas portadoras da viva tradición de tocar o pandeiro cadrado na zona de Pontevedra, dotada dunha voz e un repertorio excepcionais. Con esta monografía, aCentral Folque quixo recoller a primeira publicación sobre o pandeiro que se publica en galego. Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por mans femininas. Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega. Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis.
Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, mazurcas e rumbas. É indiscutíbel que a música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo.” Xulia Feixoo


  • Maruxa das Cortellas

    Autoras:

    Caracteristicas

    Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas e gravacións.

Mercar
ligazón non afiliado tucasadellibro.com - volai-vai.
Grazas!

arquivo, libros

  • Visto: 416