Flow no camarín

Flow no camarín - Rachando estigmas no rap, o trap e a regueifa.

O rap, o trap, a regueifa ou o reguetón son expresións nacidas do pobo; e como case todo o que xorde de abaixo cara a arriba, e non ao revés, foron xéneros estigmatizados. É machista o rap? É aburrida a regueifa? Desmontamos mitos (e algunhas medias verdades) coa rapeira A Rabela, coa regueifeira Lupe Blanco, cos Boyanka Kostova e con Camel Blando.

"Nas escolas asimilan a regueifa coa batalla de galos porque ambas teñen esa bravura e controversia. Sempre digo que os de ianquilandia aprenderon de nós", Lupe Blanco Vazquez, regueifeira galega.
#OqueDixo na reportaxe #FlowNoCamerín 🤗