Universo Cantigas

O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos que integran a lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo levado a cabo nos anos 2010-2015 para o Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa(dispoñíbel neste mesmo site e tamén en. Esta edición é elaborada ao abeiro dos proxectos de investigación Edición crítica dixital das cantigas de amor (ref. FFI2015-63523-P) e Edición crítica dixital das cantigas de amigo (ref. PGC2018-093928-B-I00), financiados, respectivamente polo Ministerio de Economía y Competitividad e mais polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Universidade da Coruña

universocantigas.gal

Entrevista ao catedrático Manuel Ferreiro, da Universidade da Coruña, en 2018 no programa "Páginas de português" da RTP, sobre o proxecto UNIVERSO CANTIGAS, no que se dispoñibilizan na internet a edición dixital dun grande número das cantigas medievais da Galiza e Portugal.

rede, arquivo, Portugal, galiza