Estruturas. Pel contra pel

A explotación forestal, os tendidos eléctricos, a actuación humana ante o aumento poboacional, o abandono do patrimonio, a asunción fóra de escala dos modelos urbanos nas contornas rurais ou rururbanas, a obra inacabada, a obra ijnstitucional e a especulación.

Un documental onde escoitaremos diferentes voces como a do ex-Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, a arquitectos como Fermín Blanco e Carlos Coto e arquitectas como Elvira Carregado e Carmen Vázquez. Ademais, participan o ex-Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), Fernando Sgrasar, o sociólogo urbanista da Universidade da Coruña, Manuel G. Docampo, e a xeógrafa Rocío Romar, colaboradora do proxecto educativo Proxectoterra.

Fonte_ Televisión de Galicia

video, documental