Nación

Un documental que fala da loita obreira desde o punto de vista das mulleres, @tendo en conta as implicacións que supuxo a súa incorporación á forza de traballo, en tempos convulsos para o sector fabril.

Moito se falou da loita obreira, pero poucas veces asomou no cinema o específico que esa loita ten para as mulleres: a apertura ao mundo que supuxo a incorporación ao traballo, no medio tamén de tempos convulsos para o sector fabril.

A través das enérxicas e carismáticas mulleres da fábrica de cerámica da Pontesa (irmás galegas das cigarreras de Cádiz e Sevilla), constrúe un relato emocionante, combativo e poético dunha loita inconclusa:

“unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar senón en acceder ao traballo asalariado e á posibilidade de ser independentes.
En resumo, o moito que nos custou ser Nación”.

  • Duración: 92 min.
  • Dirección: Margarita Ledo
  • Guion: Margarita Ledo
  • Música: Mercedes Peón
  • Fotografía: Alberte Branco
  • Reparto:
    Nieves Pérez Lusquiños, Manuela Nóvoa Pérez, Ester García Lorenzo, Carmen Portela Lusquiños, Carmen Álvarez Seoane, Mónica Camaño, Mónica de Nut, Laura Martínez Iglesias, Xoana Pintos, Eva Veiga
  • Nós Productora Cinematográfica Galega S.L
Entrevista Margarita Ledo:
A incorporación das mulleres á fábrica outórgalles unha maior autonomía e independencia económica e, en moitos casos, a vinculación laboral con Pontesa dura décadas. Para estas persoas o peche debeu de ser durísimo…

rede, documental