O Rueiro das Flores

"O Rueiro das Flores" é unha curtametraxe baseada no testemuño dunha informante de Leboráns, en Trasmonte (Ames), chamada Pilar. Nada no 1938, vive o tempo da posguerra, moi influído pola fame ou a represión da Garda Civil, as duras xornadas de traballo no campo e os domingos de foliada na eira de Manolo de Lola, nos que tocadora coma ela non había outra.

Como parte do programa APS da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, a obra nútrese dun rigoroso traballo de campo para a configuración do atrezzo, o vestiario e as pezas tradicionais. O guión foi artellado a base de anécdotas reais deses tempos sobre os que Pilar fixo memoria connosco.
Quixemos contalo tal e como ela nolo conta.

Vestiario: Bulideira Canción: Xotis Romanés Artista: A Banda Das Crechas

video, curtametraxe

Outras olladas

  • Muiñeira de Frades. Ailá

    Videoclip promocional do concerto de presentación do novo disco de Ailá, Elo, que se celebra no Museo do Mar de Galicia, Vigo, no marco do festival Mar de Músicas.
  • Flores para Amalia

    Curtametraxe escrita e dirixida polo guardés Nani Matos no 2013.
    Amalia e Alfonso pasa os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores.
  • Mamasunción

    Unha anciá ve pasar os días sen que lle cheguen noticias do seu fillo, emigrado hai moito tempo en América.
  • Reboiras. Acción e corazón

    Unha longametraxe documental escrita e dirixida por Alberte Mera e producida pola Fundación Terra e Tempo.
    Construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida.
  • Nación

    Un documental que fala da loita obreira desde o punto de vista das mulleres,