ONS

Despois dunha profunda depresión pola morte do seu amante nun accidente de tráfico, o doutor Vicente chega coa súa muller Mariña a unha remota illa atlántica, co obxectivo de veranear, curar a enfermidade e recuperar o matrimonio. A vida na illa solitaria convén a Vicente, que lle pide á súa muller que prolonga a súa estadía e pase o outono.
Cada día séntense mellor, ata que despois dun naufraxio no medio dunha tormenta, unha misteriosa e amnésica muller aparece na illa e irrompe nas súas vidas. A partir dese momento, nada será o que foi
  • Dirección: Alfonso Zarauza
  • Elenco: Melania Cruz, Antonio Durán, Xulio Abonjo, Anaël Snoek, Marta Lado

Mercar entrada

rede, longametraxe

Outras olladas

  • Día Internacional dos Museos 2020

    Benvido á celebración do Día Internacional dos Museos 2020. Temos o pracer de presentarvos "Cuadros Cantados (III)" que nesta ocasión contou co talento de Rodrigo Cuevas.
  • Epidemia

    Esta peza foi contruída a partir dos traballos dos gañadores do certame Xuventude Crea 2015.
  • Xela Arias, honestidade e protesta

    A honestidade e a protesta forman parte de Xela Arias, unha autora imprescindíbel da cultura galega a quen neste 2021 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Falamos con Darío Gil, Yolanda Castaño, Xulio Gil e Nuria Vilán.
  • XURXO FERNANDES - LEVAINO!

    Levaino' é o novo traballo de Xurxo Fernándes. Está composto por son e temas recollidos en Coristanco, Samakov, A Mezquita, Salihli, Tordoia, Larache ou Tel Aviv.

  • O Rueiro das Flores

    "O Rueiro das Flores" é unha curtametraxe baseada no testemuño dunha informante de Leboráns, en Trasmonte (Ames), chamada Pilar.