Película Documental: Ciudad de la Selva

A "Ciudad de la Selva" é a crónica cinematográfica da derradeira fronte de batalla da Guerra Civil española a mediados dos anos 40. A historia deste grupo de refuxiados (fuxidos), que tratan de sobrevivir coa esperanza de que, ao final da Segunda Guerra Mundial, os exércitos aliados interveñan tamén en territorio español.
Tralo alzamento militar de 1936, moitos civís vense obrigados a desprazarse buscando un lugar seguro á espera do fin da guerra. A "Ciudad de la Selva" xorde como un asentamento de desprazados nos montes de Casaio (Ourense) que reúne, fundamentalmente, a galegos e asturianos opositores ao novo réxime franquista.
Hoxe, grazas a un gran número de achados arqueolóxicos e ao testemuño de expertos e persoas que se relacionaron directamente con este grupo de disidentes, podemos reconstruír a historia destas persoas e saber que sucedeu nos montes de Casaio desde que formouse o poboado ata o cruento final da guerrilla a mans da garda civil en 1946.

Este é un proxecto audiovisual, xestado de xeito cooperativo, co que buscamos crear un documental que narre a última derradeira historia da Guerra Civil española. Diversos historiadores e xornalistas documentaron os sucesos acaecidos na "Ciudad de la Selva" sen saber que se trataba dun conflito desta magnitude e importancia a nivel historiográfico.

video, documental

Outras olladas