Perdín a miña monteira

Videoclip do tema "Perdín a miña Monteira" do disco "De cando os animais cantaban" do Trío Tres Pesos.

Felisa Segad, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer as cousas, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vieja, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Broma, ... centos de horas no escenario e miles fóra del soñando coa nosa música, con a nosa tradición.

Música tradicional de Galicia con acordeón, gaita, clarinete voces e percusións.

O proxecto naceu ao longo do ano 2013 e a escena estreouse por primeira vez nas festas de San Pedro do 2014 en Santiago de Compostela. O seu primeiro traballo *Acta Fundacional* Gravouse nos estudos de Radio Gallega.

rede, música, video, galiza

Outras olladas

  • Universo Cantigas

    O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos que integran a lírica profana galego-portuguesa,
  • XXII Encontros Espallados de Música Tradicional

    Pasou un ano desde que os Encontros de Música Tradicional, despois de dúas décadas enchendo Carboeiro de alegría, tiveron que se fragmentar e espallar por todo o país en pequenas xuntanzas.
  • Flores para Amalia

    Curtametraxe escrita e dirixida polo guardés Nani Matos no 2013.
    Amalia e Alfonso pasa os últimos anos da súa vida nunha residencia de maiores.
  • Rosalía | Marcelo Dobode | Turoqua

    Este videoclipe é unha gran homenaxe a toda-las persoas maiores “as nosas grandes bibliotecas“ que nos ensinaron o valor da vida e xa non están entre nós por mor da covid-19, de todo corazón Grazas por tanto... E a Isabel Graciñas polo teu amor infinito ♾ ❤️
  • Mesa redonda "As recollas de patrimonio cultural"

    Dende a Cociña Proxecto de recollas e divulgación do patrimonio inmaterial nos concellos de Touro e O Pino. Promovido pola A. C. A Pinguela de Bama.