Sempre Fixe EP

No mundo sonoro de Fixe trío poderás atopar composicións propias e cancións populares do mundo. Unha viaxe atlántica de músicas e verbas que rezuman agarimo, consciencia e liberdade.

Un proxecto que agroma da vontade de xerar un espazo onde poder expresar as nosas inquedanzas e desexos a través da música.
Con este crowdfunding queremos poder costear os gastos do noso primeiro EP “Sempre Fixe”.

Gustaríache formar parte?
  • Xela Conde F.: voz e diversos instrumentos
  • Blanca Marigómez: cello e coros
  • Joel Fontán: guitarra e voz
  • Facebook: @fixe.trio
  • Instagram: @fixe.trio

E sabes que? ... A nosa compañeira cellista e multidisciplinar, Blanca Marigómez Subversiva Desing, foi a artista que fixo o deseño do logo e da carauta do disco. E non só iso, senón que fará unha a unha as vosas camisetas e bolsas coa técnica de sublimación. Así que se optades por esa recompensa que saibades que son produtos "muito fixe".

rede, música, video

Outras olladas

  • María Miranda

    A persoa que sae no video é María Miranda, vivía en Boiro e era moi coñecida e querida. na vila.
  • Os diferentes modelos de pandeiretas.

    Neste vídeo podes ver os diferentes tipos de pandeiretas que fabricamos no obradoiro de Pablo Carpintero

  • PODGALEGOS.GAL

    Podgalego é unha web dirixida a agrupar e difundir os podcast en galego. Se queres escoitar contidos de audio usa esta web ou o teu cliente de podcast favorito.
  • FOLK SESSIONS - Volume III

    FOLK SESSIONS - Volume III Gravación en directo de XISCO FEIJÓO TRÍO en beabesada homestudio.
  • Mulleres da ribeira

    O banco dos Praceres.