Trépia recolle testemuña dun proxecto que fora iniciado na cidade de Pontevedra por "
O Tear de Llerena" anos atrás. A idea consistia na organización dun encontro na cidade, na que puideran participar agrupacións e colectivos de música tradicional, arredor dos bailes e cantares vencellados ao
ciclo das labradas (meses de abril e maio).
Asi naceu algo que se foi convertindo cos anos nun grande proxecto de divulgación e investigación sobre a aña (cantares a desafio acompañados de percusión con pedras e legóns). Comezou un ciclo de conferéncias anual, polo que teñen pasado investigadores e divulgadores como
Luís Prego,
Carlos Álvarez ou
Guillerme Ignacio, por citar alguns. Temos, tamén, compartido experiéncias e opinións con informantes dos lugares de Toutón, A Ermida e Gargamala (Mondariz), Bárcia de Mera e Seixedos (O Covelo), etc.
A día de hoxe cave destacar que a alta participación de propostas de moitos colectivos que traballan a redor da aña.