Espectáculos:
AFTERPARTY
AFTERPARTY é unha festa, un artefacto escénico no que a letra, a música, o espazo e o corpo medran á vez nun proceso de creación interdisciplinar.
Unha peza que fala da decepción, do empeño na felicidade e das preguntas que se fai unha xeración que ten a sospeita de que chegou tarde a todo.
SANTA INÉS
Santa Inés é un espectáculo sobre a liberdade, a obediencia, a violencia, o inefable, a mística na
contemporaneidade, o que un mundo de lobos agarda de nós - as añas - e, o máis importante
de todo: o que nós, as añas, agardamos de nós e do mundo.
DO PRACER E DA MORTE
é, en esencia, un tríptico cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos de Boccaccio, unha parábola con tinturas bíblicas e unha fenda rabiosa na nosa existencia plana de humanxs brancxs occidentais e parcialmente desclasadxs.
Esta compañía nace coa vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas.
Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte.