Un mozo invítanos a acompañalo na súa investigación do acontecido no seu pobo, Moaña, durante a Guerra Civil.
Nunha imaxinaria viaxe no tempo trasládase a Moaña tal e como debía ser o 18 de xullo de 1936.
O mozo coñecerá cómo o golpe triunfa no pobo e o alcalde é sustituido mentres nas rúas manda a Falanxe, a cal leva a cabo unha política represora. Aqueles feitos marcaron ós moañeses, que ainda hoxe conservan medos e rencores.
Curta documental subvencionada pola antiga Axencia Audiovisual Galega no 2007. Escrito, producido e dirixido por Óscar Galansky