• Forma:
    Clasificación da cantiga segundo a forma literária
  • Función:
    Indica a sua función. exem: Desafío, Despedida
  • Temática:
    Escolle a tématica ainda que moitas poden estar en outras.

A literatura galega nas súas voces

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove esta iniciativa na que se poden ver outros tantos autores e autoras do país a leren framentos significativos das súas propias obras.

A canle de Youtube da Secretaría Xeral de Política Lingüística acolle desde este 5 de abril as cen pezas que compoñen o proxecto A literatura galega nas súas voces.

fonte: culturagalega.gal

Fai clik! para ver os videos

Outras olladas

  • SONDESEU Orquestra Folk

    Directos destacados

    SonDeSeu

    Folk Orquestra

     Explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta.

    Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.

    Discografía

    A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD.


    A suma da creatividade colectiva e intención de posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas deu lugar a numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk ou eventos ao vivo (‘Libro branco da Educación en Música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’, A Rede Europea de Orquestras Folk ENFO), iniciativas que sitúan SonDeSeu como un grande referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e do continente europeo.

    Contratación - Entradas

  • Monstras

    "Monstras" esconde unha boa historia de ficción producida con características e en condicións únicas en Galiza.
  • DeMente - Fran Sieira

    DeMente

    Fran Sieira Compañía.
    Unha obra de baile e música tradicional galega
    para público adulto.

    estás para encerrar

    Ver video promo del espectáculo

    Unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración.
    Conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda.

    Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario diseñado por Carlos Alonso Alonso xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.
    En “DeMente” plasmaremos unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas.
    A reclusión prácticamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios, a explotación da enferma, “os almacéns de carne humana”… leer mais

    O tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba esperar a morte.

  • María Miranda

    A persoa que sae no video é María Miranda, vivía en Boiro e era moi coñecida e querida. na vila.
  • Xela Arias, honestidade e protesta

    A honestidade e a protesta forman parte de Xela Arias, unha autora imprescindíbel da cultura galega a quen neste 2021 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Falamos con Darío Gil, Yolanda Castaño, Xulio Gil e Nuria Vilán.
  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Termos e condicións
  • Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.