ABRIL- Xota de Parada de Achas

Xota aprendida da marabillosa e inspiradora informante Concha de Luneda, recuperada do episodio 14 do programa ‘Alalá’ da TVG, adicado a ela. O anaquiño instrumental foi extraído da 'Jota del Guijar', melodía castelá moi salerosa do repertorio dulzainero.

 

  • Arranxo orixinal de ABRIL. Gravado no faiado da nosa casiña con moito agarimo.
  • ABRIL somos: Claudia Abril á voz e percusións, Antón Lago á guitarra e Marina Carpente ao violín.
  • A gravación do vídeo e a montaxe foron feitas polas magníficas mans de Alba Malheiro.
  • A gravación do son fixémola co artesán Zalo Rodríguez.

música, Jota