En 1936, o franquismo quixo apagar a nosa voz e os nosos pensamentos, quixo roubarnos a choiva. A historia está escrita polo gañador, pero tamén se seguiron escribindo outras historias. Hoxe, coma quen esperta dun longo soño, volvemos a algúns dos lugares onde vivían o silencio e o medo.
Acorda é unha idea orixinal do departamento provincial de Memoria Histórica e foi producida tamén pola Deputación de Pontevedra, que encargou a dirección artística a Uxía e Marina Carracedo, o guión a Lois Pérez, a produción técnica a Lucas Terceiro.
A historia de Carmen, A Capirota, unha muller valente que se enfrontou soa a un grupo de falanxistas para defender 🙅♀️ aquelas e aqueles que non podían defenderse sós.
Esta peza formará parte do disco-libro Acorda. Nace ao abeiro do documental do mesmo nome, unha cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra realizada ao abeiro do programa 'O Pasado Por Vir' da Deputación de Pontevedra.
Dirección: Lucas Terceiro, Marina Carracedo, Uxía Senlle e Sara Tavares Guion: Lois Pérez Música: Marina Carracedo, Uxía Senlle e Sara Tavares Fotografía: Lucas Terceiro Productora: Damadriña Producións
Reparto: Emilio Rúa e Silvia Penide, Ugia Pedreira e Marina Oural, Sheila Patricia, Eladio Santos, Tanxugueiras, Ezetaerre e a propia Uxía e Su Garrido, e un elenco formado por Tero Rodríguez, Andrés Giráldez, e Eduardo R. Cunha (‘Tatán'), entre outros, xunto a testemuñas reais de persoas como Queta Molas ou Blanca Francés.
Libro-disco Acorda: 'Vida miña' con Emilio Rúa e Sivia Penide
Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época.
O primeiro sinxelo do albúm "Verbas do Monfadal", unha escolma de poemas musicados do poeta galego Luciano do Monfadal, que verá a luz a mediados deste 2022.