Alalá nº 40
A Pandeira Nos Ancares
Co capítulo adicado á pandeira Alalá inicia unha serie de programas que terán como protagonistas ás musicas e as xentes dos Ancares e o concello de Cervantes.
fonte: programa da TVG alalá
A pandeira é un instrumento da música tradicional galega que chegou a estar a piques de desaparecer. Durante os anos 50 e 60 ainda era o instrumento de percusión fundamental nas polavilas que moitas noites de inverno se celebraban non Ancares, acompañando á voz.
Mediante a investigación do folclorista Juanjo Fernández e o interese da mocidade de Cervantes estáse recuperando tal como se tocaba e usaba na música tradicional galega dende hai moitos séculos.
A pandeira é un instrumento ancestral, xa empregado polos exipcios e fenicios e representada en baixorelieves na Grecia e Roma clásicas. Durante a Idade media tivo unha grande difusión na penínunsula ibérica pero pouco a pouco se foi perdendo.
Na actualidade practicamente só sobrevive na zona dos Ancares galegos e leoneses e a parte limítrofe de Asturias. O illamento e a incomunicación desta zona montañosa permitu que moitos dos costumes e usos musicais xa desparecidos no resto de Galicia se conserven.
O programa Alalá ofrecerá ós seus espectadores entrevistas con vellas tocadoras de pandeira, como Inés Rodríguez, e unha visión introductoria tanto deste instrumento como dos propios Ancares e o concello de Cervantes que se irá desenrolando en próximos capítulos.

Alalá é un programa documental adicado á música tradicional galega, emitido pola Televisión de Galicia. Este espazo semanal, que se emitía os martes a partir das 21:35 h., estivo dirixido por Senén Bernárdez Ferrán e presentado por Pilar García Rego e emitiu sete temporadas.
Alalá á carta
Alalá á carta