Arredor da tradición
Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación,
investigación e divulgación, integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o
compilador Guillerme Ignacio, que deu os seus primeiros pasos a fins do ano
2016. Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das
músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as
propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de
resocialización de todo ese patrimonio. Froito importante deste traballo é o seu
primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral”
(Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra, 2017). No ano 2022 presentarán un
ambicioso libro monográfico sobre o pandeiro cadrado na Galiza.
-
Esmeralda da Queitana: Os seráns en Lordelo (Toutón-Mondariz)
03 Xaneiro 2023 -
Como é unha recollida?
19 Maio 2023 -
Cantar dos Reis por Felicia de Fofe - Arredor da Tradición
09 Xaneiro 2024 -
DAMAS E GHALÁNS NO ENTRUIDO DE NERGHA .UNHA DANZA
19 Maio 2023 -
Cantar dos Reis de Cádavos (A Mezquita-OU)
09 Xaneiro 2023 -
Do Sar a Berghantiños: a muiñeira, primeira!
04 Xullo 2022 -
Danza de Reis de Riofrío 2007
23 Decembro 2022 -
María do Caño e Guillerme Ignacio - Jota e parola
01 Abril 2022 -
Escolma vídeos María do Caño
01 Abril 2022