Skip to main content

Camiñantes do noso

Unha miniserie documental promovida pola Xunta valorará a visión das persoas maiores no Camiño de Santiago. O seu protagonista, autor e produtor, Rubén Riós, presentou o proxecto na capital galega xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Riós viaxa en Camiñantes do noso unha ducia de etapas da Vía da Prata, entre A Canda e Compostela, buscando «a maxia da look dos anciáns».
A miniserie consta de 10 capítulos, centrados cada un nun tema diferente (abandono do campo, soidade, familia, a actual crise sanitaria ...).


Capítulo I
Rosa Asenjo, "Xita" (Camiñante da Sabedoría).
Nacida en plena Guerra Civil, Xita fainos ver que algúns silencios din máis que milleiros de palabras; entre as súas atinadas reflexións destacamos/salientamos esta:

“medio mundo anda arrastrado para manter outro medio que vive sentado”.

Capítulo II
Isabel Domínguez ”A Pantoja” (Camiñante da Terra e nai de 7 fillos)
Isabel, coñecida polos seus veciños como a Pantoja, é a protagonista do capítulo 2 de “Camiñantes do noso”.
Ela é unha desas cantareiras que, á luz do lume e da calor da lareira, cantan e gobernan. Isabel, que contaba tódalas noites os seus sete fillos pra ver se non lle faltaba ningún, déixanos a seguinte reflexión:

“Saín eu adiante mellor con sete fillos que agora con un”.

Capítulo III
Carmen Mougán (Camiñante ex-encargada do albergue de Outeiro, Vedra)
Carmen é a protagonista do capítulo 3 de Camiñantes do noso.
Ela pertence a ese cento de mulleres que, durante a primeira onda da pandemia, quedou viúva sen poder despedirse do seu marido.
Desde Orgullo Galego facémonos unha pregunta: É máis importante salvar un Nadal ou centos de vidas? A reflexión que nos deixa Carmen é a seguinte:

“Tan importante é unha festa?”.

Capítulo IIII
José Luis Quintana, "Chelis" (Camiñante emprendedor, ex-mestre). Allariz
El é un mestre xubilado e un emprendedor en activo, que un día se preguntou: toda a vida traballando por Galicia para ter tres fillos emigrantes? A unión cos seus fillos e o amor pola terra levouno a crear Castañas Petelo. A reflexión que nos deixa é a seguinte: .

“A partir da observación e do amor polo noso podemos construír algo diferente”.

Capítulo V
Pura Blanco (camiñante ex-labrega). Lugar: Atás, Cualedro.
Pura é a protagonista do capítulo 5 de Camiñantes do noso. Ela defínese como unha muller normal e corrente. Despois de ver esta entrevista, deixamos nas vosas mans o adxectivo co que a definiriades mellor. Dende Orgullo Galego: Pura é unha valente! A reflexión que nos deixa é a seguinte:

““O camiño das mulleres sempre foi máis difícil e máis duro”.

É unha desas mulleres do rural de edición limitada.

rede, documental, galiza, recolleita, serie