Cantar das Alvoreadas e Xota de Castro
Eva Outeiro & Joakin Isasi
Letra:
Caiu a ponte do Cando
quen a ha de levantar?
Serán os mozos de Castro,
morena, salada,
que por ela han de pasar
Ond’a cancela da Ghranxa
xa levei unn tropezón
San Martín da miña vida
Castro do meu corazón
Las colores de tu cara
me llevaban convencida
pero tus malas acciones
me dejan aborrecida
Catro con cinco fan nove
son palabras en latín
dime con quen t’adivirtes
cando saes d’onda min
E peina o pelo, e péinao ben
e faille os rizos que ch’están ben,
que ch’están ben, que ben ch’han d’estar,
e peina o pelo e vólveo peinar
O cantar das alvoreadas, aprendido de Angelita Obelleiro Bugallo (Sabucedo, A Estrada)
A xota, aprendida de Generosa Zapatero Iglesias (San Martíño, Cerdedo)
Arquivo Outeiro Interpretación: Eva Outeiro
Produción e realización audiovisual: Joakin Isasi