Entra en erupción
o monte da Madroa.
Colapsa o chan, cataclismo global.
Aínda menos mal!
Chega o Armagedón,
ven un meteorito
que impactará no meu país natal.
Aínda menos mal!
Chove lume dende o ceo e dame igual!
Que xa recollín a roupa do tendal!
Arde o mundo e estou contento,
porque estou contigo dentro.
Morte e destrución.
Extinción en masa.
Alteración espazo-temporal.
Aínda menos mal!
Outra guerra mundial.
Atácanos “Godzilla”.
Volven os mortos dende o máis alá.
Aínda menos mal!
Soan trompetas ven comigo imos bailar.
Que hoxe hai foliada! Hai xuizo final!
Arde o mundo e estou contento,
porque estou contigo dentro.