Skip to main content

_Clo_Plas

cloplas pronunciado

Ao vivo na Gentalha do Pichel (14.05.22)

(A Regueifa Plataforma 2.0)

'O primeiro traballo de 😲👏 evidencia a fascinación polo imaxinario libertador de The Last Poets mais o discurso do dúo da Fonsagrada vai máis alá e percorre camiños inéditos que entroncan con pólas tan diversas da cultura galega coma os relato etnobiográficos dos Retrincos de Castelao, o militante vangardismo feito-na-casa da música de Apeiron ou os azos rachadores dos primeiros Resentidos.
Nos miúdos estalotes narrativos do seu adictivo rap lo-fi minimalista (ao que el*s chaman bafi, baixa fidelidade) hai espazo para a poesía, a costumismo, a metafisica, o etnográfico e mesmo a carallada, conformando unha proposta radical -no ético mais tenra no estético- inzada de retrousos de instintiva vocación popeira.'
Urdime, S. Coop. Galega