Colección de lousas
No Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega consérvanse e presérvanse preto de setecentas lousas de contido galego: primeiras gravacións de 1904, do Coro Aires d’a Terra de Pontevedra e do Orfeón el Eco de la Coruña, rexistros editados na emigración bonaerense (Manuel Dopazo) ou cubana (Coro de la Agrupación Artística de La Habana) así como cancións galegas, como Alborada ou Negra Sombra, interpretadas polas voces líricas máis salientables da época (Ángeles Ottein, Ofelia Nieto…), entre outras. Esta colección de xoias sonoras ponse á disposición pública a través deste especial web.