Manuela Cortizo "das Marianas" (Cerdedo, 1930) e Ghumersinda Castro "das Dieghas" (Barro, 1927) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade. Acompáñaas nesta ocasión Clara "dos Ruzos" (Meilide, 1935), da veciña Meilide, tocadora que se uniu a elas cando se xuntaron como “Pandeireteiras de Barro de Arén” para ir tocar polas rúas de comezos dos 2000.
Florencio é unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raíces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico. A todos aqueles que cultivaron e coidaron as sementes que fixeron agromar o patrimonio que hoxe atesouramos.