DAMAS E GHALÁNS NO ENTRUIDO DE NERGHA .UNHA DANZA
Por: Guillerme Inácio Costa
É con moita ilusión que presentamos "Damas e Ghaláns no Entruido de Nerga: Unha Danza", unha obra antropolóxica excepcional que mergulla ao lector na fascinante tradición do Entroido na comarca do Morrazo. Este libro, é unha valiosa achega ao estudo das expresións culturais e festivas que perduraron no tempo, arraigadas na identidade colectiva desta fermosa vila.
A través dunha coidadosa investigación e dun profundo respeto, Guillermo Ignacio Costa convídanos a explorar o fascinante mundo do Entruido de Nerga, ritual ancestral que se celebra durante o entroido. Nestas páxinas, o autor transpórtanos a un universo máxico onde as damas e os ghaláns, figuras emblemáticas da festa, cobran vida e revelan a súa importancia na tradición.
" Porque en Nergha , pa empesar o baile, que era un domingo , claro (...) pa se presentar no Xogho da Bóla , presentábanse seis dama e seis ghaláns ... vestidos . (...) Xa había unha casa pa vestilas . E despois ? Viñan os ghaiteiros a buscalas á casa . E despois presentábanse no torreiro , no Xogho da Bóla (...) Eles empesaban o baile " .
Josefa Costas Otero , Josefa " da Gharita " (Nerga ,1933)
Josefa Costas Otero , Josefa " da Gharita " (Nerga ,1933)
Editor: Sociedade Antropolóxica Galega , 2022
ISBN: 978-92-0-630861-5
Colección: MANUAIS SOC. ANTROPOLÓXICA GAALEGA
ISBN: 978-92-0-630861-5
Colección: MANUAIS SOC. ANTROPOLÓXICA GAALEGA
a Sociedade Antropolóxica Galega fundada co fin de promocionar, valorizar e divulgar a fotografía etnográfica e o traballo dos seus autores e autoras, así como visibilizar o campo da antropoloxía visual, en xeral.