Skip to main content

Arredor da roda.

De Cántigas da Terra a Miro Casabella.

A Aula de zanfonas de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago.

Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria. Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.
  • Ano: 2022
  • Duración: 60 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Federico A. Rioboo
  • Guión: Federico A. Rioboo
  • Elenco: Miro Casabella, Manuel Rioboo, Erea Estévez
  • Son: Miguel Seixo
  • Música: Cántigas de Terra, Escolas da Terra
  • Gutier Álvarez, Iván Abal, Miro Casabella
  • Luciano Pérez, Erea Estévez e Manuel Rioboo
  • Fotografía: Óscar Górriz
  • Produtora: AC Cántigas da Terra