Fado pra Samuel
- Voz: Davide Salvado
- Violín, viola e moog: Cibrán Seixo
- Letra: Daniel Pardo
- Guitarra: Ricardo Pons
- Guitarra portuguesa: Marco Quaresma
- Gravación, mestura e masterización: Zé Ferreira
- Foto de portada: David Oller (Europa Press) © Davide Salvado
O día 3 de xuño de 2021 morre Samuel Luiz Muñiz.
Un mozo ao que lembran seus achegadxs coma unha persoa cunha grande xenerosidade e enormecorazón, e que foi brutalmente asasinado na avenida de Bós Aires da Coruña por un grupo de polo menos 13 persoas, fronte á praia de Riazor.
Había moita xente na rúa a aquelas horas e moi poucxs fixeron algo para evitar esta morte: só suxs amigxs e dous inmigrantes senegaleses interviñeron sen poder defender a Samuel.

A día de hoxe non se ten feito xustiza pra Samuel.
Mais esta morte non vai ficar no esquecemento.
Letra Daniel Pardo
- Hoxe a noite sorprendeume
- Cos olliños ben abertos
- O ceo rompeu en anacos
- Que a min me deixaron cego
- Arrepíos nesta rúa
- Que nós xuntos percorremos
- Polo gume da navalla
- Andan dous anxiños negros
- Choran lágrimas de sangue
- Pola vida daquel neno
- Rosas na escuma do mare
- As sereas queren velo
- A dor marca nosas horas
- Odio crecendo entre as pedras
- O medo fainos pequenos
- Que a ningún se nos esqueza