serie documental centrada en persoas que son portadoras da cultura mariñeira, que moldeou a alma das xentes da nosa costa durante séculos. Son as últimas testemuñas dese mundo que xa non volverá.
Persoas anónimas, que non soen ter a palabra, pero que teñen moito que contar. Persoas que coñeceron unha época de pobreza, de carencias, na que seguen a vivir no presente a maioría dos seres humanos do planeta. Persoas nas que desborda a sabiduría popular, que representan o espírito do pobo galego, a fala, a retranca, as lendas...
"Día e noite na ribeira" é o título desta peza na que María de las Nieves García Cid e María Miranda García, mariscadoras de Cespón (Boiro) que traballaron toda a vida na Ría de Arousa, nos regalan o seu fascinante testemuño.
Esta é unha homenaxe ás xentes do mar.
Realización:
Lukas Santiago | Imaxe e son:
Fungo Coop. | Montaxe:
Lukas Santiago