Skip to main content

Irei a Darbo

Curtametraxe de ficción na que o grupo Trébede, da asociación cultural Peis d'hos, recrea unha romería a prinicipios de século XX (1916), partindo do cadro do pintor Carlos Sobrino. Esta gravación foi realizada o domingo 25 de setembro de 2016 no adro de Darbo (Cangas, Pontevedra).
Nela participaron un total de 18 actores e 145 extras que traballaron en conxunto, caracterizados a nivel de vestiario e atrezzo cun grande esforzo para poder ser o máis fieis posibles á época.

Entre eles actores de recoñecida traxectoria como Celso Parada, María Salgueiro, Fran Paredes, Casilda Alfaro, Pepe Penabade, Miguel Ángel Blanco e Lois Soaxe entre outros, e membros de diferentes asociacións culturais da comarca do Morrazo e mesmo Pontevedra.

O filme conta cun guión de Santi Cortegoso, a dirección artística de Miguel Sotelo, a realización de Borja Brun e con Alba Sotelo á fronte do equipo de produción.
Contaron, ademais, co asesoramento histórico-etnográfico e lingüístico de Xerardo Dasairas e Henrique Harguindey, persoas cunha ampla e recoñecida bagaxe neste eido, con material fotográfico da asociación A Cepa e Luis Guimeráns e a colaboración de empresas da comarca. Esta curtametraxe conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.

asociacións, video, curtametraxe