Maneo de Cambre - Caamaño&Ameixeiras
Maneo de Cambre - Caamaño&Ameixeiras feat. Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz.
Maneo de Cambre é un dos temas máis íntimos e intensos de Aire!. Á sonoridade do violín e o acordeón, fío condutor constante, súmase aquí a maxia infinita de Sílvia Pérez Cruz á voz e a expresividade de Carola Ortiz ao clarinete.
Maneo de Cambre é, por tanto, unha viaxe de ida e volta feita canción e lamento; un berro e un murmurio que fala de anhelo e de perda. De cambio e aceptación.
Maneo de Cambre é un dos temas máis íntimos e intensos de Aire!. Á sonoridade do violín e o acordeón, fío condutor constante, súmase aquí a maxia infinita de Sílvia Pérez Cruz á voz e a expresividade de Carola Ortiz ao clarinete.
Xuntas reinterpretan en feminino este tema tradicional da Costa da Morte (Cambre, Malpica), que cruzou o Atlántico seguindo o curso da emigración ata Carabobo (Venezuela), onde foi recollido por Xurxo Fernandes.
O tema musical faise imaxe en movemento a través da mirada sensible de Lucía Estévez, a danza de Fran Martínez e a interpretación de Raquel Espada.Maneo de Cambre é, por tanto, unha viaxe de ida e volta feita canción e lamento; un berro e un murmurio que fala de anhelo e de perda. De cambio e aceptación.
Do intento imposible de reter algo que irremediablemente se escapa das mans.
Do efémero e, sobre todo, do eterno.
- Voz e Arranxos vocais: Silvia Pérez Cruz
- Acordeón: Sabela Caamaño
- Violín: Antía Ameixeiras
- Clarinete: Carola Ortiz