Skip to main content

MULLER GALEGA,
EU CHE CANTO,
TODA CHEA DE EMOCIÓN-E

MEIGA-I

A DRAG PANDERETEIRA

Meiga-i é unha personaxe drag, un alter ego, co seu propio mundo interior e historias que contar. O camiño ata a fusión das ideas drag + folk foi un percorrido natural, pois, que artista de Galicia non vai querer inspirarse na súa cultura e contar as súas historias?

FUSIÓN
DE MUNDOS

Así como o folk non é cousa do pasado, a performance drag non pertence unicamente ao pop e ás modas maioritarias.

Esta fantasía amosa como se pode crear sen esquecer a simboloxía e tradición propia, con mensaxe e vocación actual.

Sen nostalxia, con optimismo

DRAG DE RAÍZ GALEGA
INTERPRETACIÓN

No espectáculo en directo “A drag pandereteira” MEIGA-i conta e canta a súa historia a través do folk galego desde a perspectiva drag.

Monólogos, percusión, voz en directo, comentario social (Re)Interpreto cancións atemporais do folk e pop galego para contarche a miña historia, con humor e tamén seriedade, creando unha experiencia grupal e trascendente para todos os públicos.

QUE MÁIS PODE OFRECER ?

PRESENTACIÓNS - INTERPRETACIÓN - PRODUCÍON/ORGANIZACÍON DE EVENTOS