Skip to main content

Muiñeira polas pandeireteiras de Barro de Arén (Cerdedo-PO)

Fonte: Guillerme Ignacio
Manuela Cortizo "das Marianas" (Cerdedo, 1930) e Ghumersinda Castro "das Dieghas" (Barro, 1927) xa foran compañeiras tocando xuntas nas Rúas da súa mocidade. Acompáñaas nesta ocasión Clara "dos Ruzos" (Meilide, 1935), da veciña Meilide, tocadora que se uniu a elas cando se xuntaron como “Pandeireteiras de Barro de Arén” para ir tocar polas rúas de comezos dos 2000.

Bailan Marcelo González e máis Delmira "da Brasileira", veterana bailadora tamén protagonista no Alalá de Barro de Arén.

Esta melodía non aparece no seu Cd “Cerdediño p’r’os amores”. Gravación feita na cociña de Manuela por Xandre Outeiro, Guillerme Ignacio e Marcelo González (O Tear de Llerena), o 22 de outubro do 2005. Corte cedido ao APOI dentro da colección de Guillerme Ignacio Costa.

video, recolleita, Muiñeira, Guillerme Ignacio