Naqueles tempos - Galicia / Portugal

Encontros e desencontros II (RTVG)
O 25 de abril de 1974 marca o inicio do programa desta semana de “Naqueles Tempos”, que describirá o ambiente posterior á chamada Revolución dos Caraveis en Portugal e a chegada a Galicia da música de cantautores portugueses como Zeca Afonso, Fausto, Vitorino e Sergio Godinho. Este episodio, dedicado ás relacións entre Galicia e Portugal, prescribe ademais as relacións culturais entre ambos os dous territorios, con atención ao fenómeno da “música pimba”, que ten as súas orixes nas rexións do Minho.

María de Medeiros, Pilocha, Miguel Sobrino, José Jorge Letría, Xoán Guitián, Victor Coyote, Augusto Canario “Canarinho”, Quin Barreiros, Rui Reininho, Rui Vieira Nery, Arnaldo Trindade, Uxía Senlle, Miguel A. Murado, Carlos Barros, Suso de Toro, Carlos Pazos, Márlio Barcelos, Carlos Blanco, Carlos do Carmo, Quico Paz, Xan Carballa, Ánxel Vence, Xosé Fortes, José Viale Moutinho, Vitorino, João Braga e María Zeleste son algúns dos participantes nesta entrega de “Naqueles Tempos”.

[Fonte: RTVG

documental, Portugal, galiza, Televisión

Outras olladas

  • XURXO FERNANDES - LEVAINO!

    Levaino' é o novo traballo de Xurxo Fernándes. Está composto por son e temas recollidos en Coristanco, Samakov, A Mezquita, Salihli, Tordoia, Larache ou Tel Aviv.

  • Arredor da tradición

    Compilación, investigación e divulgación arredor das nosas músicas de tradición oral. En 2017 ve a luz o seu primeiro libro-cd conxunto: "Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral" (A Central Folque, colección A Chave mestra).
  • Muiñeira de Frades. Ailá

    Videoclip promocional do concerto de presentación do novo disco de Ailá, Elo, que se celebra no Museo do Mar de Galicia, Vigo, no marco do festival Mar de Músicas.
  • Rosalía | Marcelo Dobode | Turoqua

    Este videoclipe é unha gran homenaxe a toda-las persoas maiores “as nosas grandes bibliotecas“ que nos ensinaron o valor da vida e xa non están entre nós por mor da covid-19, de todo corazón Grazas por tanto... E a Isabel Graciñas polo teu amor infinito ♾ ❤️
  • O Rueiro das Flores

    "O Rueiro das Flores" é unha curtametraxe baseada no testemuño dunha informante de Leboráns, en Trasmonte (Ames), chamada Pilar.