En lugar de presentarvos á protagonista deste espectáculo, temos o privilexio de compartir convosco unhas indicacións súas en exclusiva:
"Se credes que precisades dos meus servizos non tedes máis que aturuxar, que desde o Monte Pindo escoito que flipas porque ten unha acústica bárbara.
Sabedes quen son, non? Ben, normal, nin puta idea, normal. Ademais indo de incógnita menos, claro! Vouvos dar unha pista. Como mínimo, agora que xa vedes a estrela vermella xa o teredes mais claro non? Non, non son concelleira do Bloque. Igual é que como traballo en negro e hai que ser discreta pois non me recoñecedes.
Eu son Chelo García Naveira, máis coñecida como Nabiza Girl, unha superheroína rural galega con denominación de orixe protexida e os meus poderes proveñen do sulfato!".
Benvido á celebración do Día Internacional dos Museos 2020. Temos o pracer de presentarvos "Cuadros Cantados (III)" que nesta ocasión contou co talento de Rodrigo Cuevas.
Compilación, investigación e divulgación arredor das nosas músicas de tradición oral. En 2017 ve a luz o seu primeiro libro-cd conxunto: "Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral" (A Central Folque, colección A Chave mestra).
Un mozo invítanos a acompañalo na súa investigación do acontecido no seu pobo, Moaña, durante a Guerra Civil.
Nunha imaxinaria viaxe no tempo trasládase a Moaña tal e como debía ser o 18 de xullo de 1936.
O mozo coñecerá cómo o golpe triunfa no pobo e o alcalde é sustituido mentres nas rúas manda a Falanxe, a cal leva a cabo unha política represora. Aqueles feitos marcaron ós moañeses, que ainda hoxe conservan medos e rencores.
Curta documental subvencionada pola antiga Axencia Audiovisual Galega no 2007. Escrito, producido e dirixido por Óscar Galansky