Skip to main content

O QUE NON SE VE

ET SUSEIA DANZA

O que non se ve expresa a necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea. Contextualizamos a obra nun ambiente “moderno” tal como se enfoca actualmente a nosa sociedade, e que camiña cada vez máis forte cara o empoderamento da muller, algo que consideramos moi necesario tamén no mundo do baile e a danza.

Pretende amosar o que pode existir debaixo das vestimentas do traxe tradicional galego, ensinando que o noso baile de raíz, está á altura de calquera outro tipo de danza. Na súa propia definición, a danza contemporánea xurde como a reacción a formas clásicas e seguramente como a necesidade de expresarse libremente co corpo. Busca expresar unha idea, un sentimento ou emoción pero mesturando movementos clásicos con movementos corporais dos séculos XX e XXI.

Ficha artística

Coreografía contemporánea: Diego Landín e Erick Pegueros Coreografía tradicional: Gustavo Couto Corpo de baile: Iria Calvar e Iria Portos
Grupo instrumental: Cristina Cotilla e Gustavo Couto
Música/arranxos tradicional: Emilio Lois e Kinhos Saburido
Escenografía: Diego Landín
Vestiario: OCT Ultreia
Técnico de son: Ramón Campos
Iluminación: Serxio Duro