O Rueiro das Flores

"O Rueiro das Flores" é unha curtametraxe baseada no testemuño dunha informante de Leboráns, en Trasmonte (Ames), chamada Pilar. Nada no 1938, vive o tempo da posguerra, moi influído pola fame ou a represión da Garda Civil, as duras xornadas de traballo no campo e os domingos de foliada na eira de Manolo de Lola, nos que tocadora coma ela non había outra.

Como parte do programa APS da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, a obra nútrese dun rigoroso traballo de campo para a configuración do atrezzo, o vestiario e as pezas tradicionais. O guión foi artellado a base de anécdotas reais deses tempos sobre os que Pilar fixo memoria connosco.
Quixemos contalo tal e como ela nolo conta.

Vestiario: Bulideira Canción: Xotis Romanés Artista: A Banda Das Crechas

video, curtametraxe

Outras olladas

  • El Peregrino - Documental sobre Galicia (1963)

    Documental dos anos 60 que visita varias localidades de Galicia:
  • Xela Arias, honestidade e protesta

    A honestidade e a protesta forman parte de Xela Arias, unha autora imprescindíbel da cultura galega a quen neste 2021 se lle dedica o Día das Letras Galegas. Falamos con Darío Gil, Yolanda Castaño, Xulio Gil e Nuria Vilán.
  • Nación

    Un documental que fala da loita obreira desde o punto de vista das mulleres,

  • PODGALEGOS.GAL

    Podgalego é unha web dirixida a agrupar e difundir os podcast en galego. Se queres escoitar contidos de audio usa esta web ou o teu cliente de podcast favorito.
  • Estruturas. Pel contra pel

    A explotación forestal, os tendidos eléctricos, a actuación humana ante o aumento poboacional, o abandono do patrimonio,