Skip to main content

Obradoiro

“A pandeireta nos seráns de Aboal (Mondariz)”

por Xandre Outeiro. OSDA 2023

Obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal”, inscrito dentro das III Xornadas O Serán desta Aldea organizadas pola AGG, o Concello de Mondariz e a Asociación Castromao de Mondariz o 29 e 31 de outubro de 2023.
Obradoiro no que se abordan as execucións dos principais ritmos na pandeireta do lugar de Aboal, conforme se ten recollido nas gravacións de arquivo realizadas nos últimos anos. Dende as denominacións dos propios ritmos ás estruturas básicas para a xota e a ribeirana, atendendo especialmente á súa concordancia coas estruturas do baile solto. Para elo, aprenderemos algunhas das melodías máis senlleiras e representativas do lugar: xota, ribeirana e diferentes agarrados.
O obxectivo é levarmos unha idea xeral de como é o tocar na pandeireta, xunto coas melodías que en Aboal se empregan para o serán.
Segunda parte do obradoiro “A pandeireta nos seráns de Aboal”, coa intervención das mestras pandeireteiras Marina Pedreira e Laurinda Ventín.
Crear unha conta

🎟️ Pasa, que hai sitio!

Isto non é Netflix, pero temos coplas con máis sal.
Accede gratis e dálle vida ao teu folclore interior.