Skip to main content

Os d'Abaixo - SOMOS A PEDRA

Con máis forza ca nunca, logo deste parón de concertos, volven con novas músicas devecendo por compartilas con vós

Neste novo traballo, ademais das músicas tradicionais que amamos, agasallaremos os vosos ouvidos cunha boa cantidade de temas propios e con algunha que outra letra de carácter combativo (pódesmo crer, Pepe).

Vai ser un disco gravado en directo nos estudios da Escola da Rúa polo noso técnico, o grande Manolo Dourado, experto en capturar a música viva e crear un delicioso banquete auditivo. Como novidade para este terceiro disco, faremos o lanzamento de varias creacións audiovisuais. Por se todo isto vos parece pouco, anunciámosvos que contaremos con algunhas colaboracións especiais que seguro vos van gustar.

Axuda a financiar este proxecto

Para onde irán as achegas

Para poder financiar toda a produción que isto implica, decidimos acudir a vós, amantes da música galega, da terra, do baile, da cultura, e de todo aquilo que como pobo, nos une dalgún xeito. Só tedes que mercar por adiantado algunha das nosas recompensas, e quedaremos ben agradecidos.

rede, música, video